Fotos/Vídeos
Wonderland, a primeira gran exposición da fotografía de moda de Annie Leibovitz, presenta o seu abraiante universo fotográfico en toda a súa amplitude, mergullándonos na obra da artista a través de catro seccións diferenciadas que nunca antes se presentaran conxuntamente nunha única mostra.
Partindo dunha instalación inmersiva do traballo da artista cos Rolling Stones, a exposición avanza a través doutras dúas seccións —Early Years e Stream of Consciousness—, que amosan a evolución dos códigos da fotógrafa nos seus diferentes estilos, plasmando o seu proceso de creación e a súa voz narrativa.
A última parte da exposición, Wonderland, que tamén lle dá o título ao conxunto da mostra, reúne 100 impresións (moitas delas nunca antes expostas) e instalacións de vídeo do seu impresionante traballo no mundo da moda e o estilo.
Wonderland pode visitarse ata o vindeiro 1 de maio de 2026 no espazo da Fundación MOP en A Coruña.

Ningún comentario:
Publicar un comentario