Fotos/Vídeos AGMT A Coruña
Organizado polo Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, é o evento de referencia en materia de ciberseguridade en Galicia, que aglutina a expertos na materia e divulgadores profesionais. Ademais, acolle actividades destinadas a toda a sociedade galega.
Conecta Senior
Dentro do III Encontro CIBER.gal, celébrase unha xornada formativa en ciberseguridade co obxectivo de achegar a seguridade e a tecnoloxía ao público senior, axudándolle a ter máis autonomía nunha contorna cibersegura.
Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 50 anos, consisti nunha charla didáctica e interactiva onde os participantes poden coñecer en primeira persoa exemplos de casos reales de estafas e bulos, e cómo detectalos para poder evitalos.
Ademáis, fanse obradoiros prácticos onde os asistentes poden mostrar calquera inquietude ou dúbida sobre o uso das tecnoloxías e o aprendido durante a xornada.
Esta actividade é patrocinada por Telefónica no marco do III Encontro CIBER.gal, e é impartida por Nacho Álvarez, Responsable de Concienciación en Govertis-Telefónica Tech.
Ningún comentario:
Publicar un comentario