Fotos/Vídeos AGMT A Coruña
Asistencia en Santiago no GAIAS ao Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal
9 e 10 de novembro
Organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade, o II Encontro CIBER.gal é un evento integrador, que ofrece obradoiros, conferencias, paneis de debate, representacións teatrais, concursos e ata mostras de hacking en directo. Aglutinará expertos na materia da ciberseguridade, e tamén entidades de referencia no campo da seguridade da información, como o Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe) e o Centro Criptológico Nacional (CCN), as principais empresas do ecosistema de ciberseguridade da comunidade e axentes clave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario