Fotos/Vídeos
Álbum_20/03_CMG
Vídeo_20/03_CMG
Álbum_03/04
Vídeo_03/04_JALL
O Parlamento de Galicia está radicado no Pazo do Hórreo, en Santiago de Compostela, desde o ano 1989. Conta con todas as dotacións necesarias para que os deputados poidan desenvolver o seu traballo, e alberga tamén unha variada e valiosa colección de arte galega contemporánea, pintura e escultura, que por si soa xa merece unha visita á sede da primeira institución de Galicia.
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 coordina e xestiona as urxencias e emerxencias sanitarias na comunidade galega.
PROGRAMA:
Saída desde A Coruña da chaira do Pavillón dos Deportes de Riazor, con paradas en Alfonso Molina e Carrefour. Parada en ruta para almorzar.
Conferencia no Sanatorio de Conxo a cargo de Pablo sobre o 061
Saída cara a base do helicóptero do 061 e visita.
Visita ao 061 en San Marcos.
Viaxe ata Santiago de Compostela. Tempo libre para o aperitivo ata o xantar.
Comida na Hostería San Martiño Pinario.
Saída camiñando cara ao Parlamento de Galicia.
Visita guiada ao Parlamento de Galicia a cargo de Higinio.
Tempo libre en Santiago.
Regreso Á Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario